Observatorio, Centro de Estudios e Investigaciones y otros

OBSERVATORIO URBANO CONCELLO DE SANTIAGO


El departamento de Estadística tiene como objetivo organizar, concentrar, validar y proporcionar la información estadística que generen los diversos programas y proyectos de gestión municipal, así como otras fuentes externas que resulten de interés para un mejor desarrollo económico social del municipio de Santiago de Compostela.



Se publica en la red Observatorio Urbano, una herramienta apoyada en las nuevas tecnologías que unificará la información municipal en sus diferentes vertientes y se sumará a las que ya existen procedentes de fuentes externas, como pueden ser, entre otras, el IGE, la USC o el INE.


Esta herramienta trata de fomentar un mayor conocimiento de la realidad social y económica de nuestro ayuntamiento, además de resultar útil para la Administración municipal a la hora de detectar y atender mejor las necesidades de los distintos distritos.

La información divulgada se estructura en cuatro grandes áreas:
  1. Territorio y medio ambiente, englobándose las variables que tienen que ver con el entorno.
  2. Cohesión social, se encuentran el ella los temas referidos a la sociedad.
  3. Economía y competividad, los datos económicos se integran en esta área.
  4. Turismo, trata toda la información respecto a la imagen de la ciudad y del turismo.

CENTRO DE ESTUDIOS E INVESTIGACIONES TURÍSTICAS

Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR) é un proxecto interdisciplinario que se enmarca no ámbito dos Centros Propios da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que conta coa participación e o apoio activo de institucións e organismos extra-universitarios que representan os intereses da sociedade. Os grupos de investigación promotores do CETUR forman un núcleo que trata de recoller a diversidade e transversalidade do turismo, esperando que no futuro sexa ampliado a outras áreas de coñecemento. Dentro da USC os grupos promotores corresponden ás disciplinas de Xeografía, Economía, Empresariais, Filoloxía e Historia da Arte. Como representantes da Sociedade, participan do CETUR o Concello de Santiago de Compostela, o Concello de Lugo, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Asociación de Empresarios de Hostalería e Restauración de Santiago e comarca, e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo.



Polo tanto o CETUR nace como un Centro que aglutina a necesaria interdisciplinaridade do turismo e a diversidade de intereses que se moven en torno a esta actividade: os poderes públicos (neste caso municipais) como responsábeis na toma de decisións, con grandes impactos económicos, sociais e ambientais; e o sector privado quen ten o reto do investimento empresarial nun ámbito de enorme concorrencia. Outro elemento importante que debemos considerar é a participación activa de grupos de investigación e dos concellos nos que están sediados os dous pólos da Universidade de Santiago de Compostela. Porén, o CETUR aspira a se converter no centro de referencia da investigación, da formación, da información e do asesoramento turístico para toda a Comunidade Autónoma de Galicia, abrindo as súas portas a novos grupos e institucións interesadas e preocupadas polo mundo responsable do turismo.

  •  ÁREAS DE ACCIÓN

O obxectivo principal do centro é a investigación, a docencia, a información, a formación continua e o asesoramento técnico sobre calquera aspecto relacionado co turismo no contexto territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

A actividade do CETUR estructúrase en diferentes áreas de traballo, asociada cada unha delas aos obxectivos estratéxicos e operativos establecidos. Son:

1. Área de actividades docentes, na que se promoven e desenvolven cursos de especialización e/ou formación continua no campo do turismo. 
2. Área de investigación, encargada de incentivar, promover e coordinar os diferentes equipos de investigación integrados no propio CETUR. 
3. Observatorio Turístico, no que se realiza un seguimento do sector turístico a partir da análise e estudo das súas principais compoñentes de oferta e demanda. 
4. Área de relacións exteriores, encargada de propor e asinar convenios con outros centros converxentes co CETUR, estimulando principalmente a colaboración intercentros a nivel nacional e internacional. 
5. Área de actividades, destinada á promoción e desenvolvemento de todo tipo de actos e actividades destinadas á divulgación e aprendizaxe de coñecementos relacionados co turismo (seminarios, congresos,...).

ESTADISTICA VISITANTES SANTIAGO 2013


Visitantes españoles repartidos en por comunidades a la ciudad de Santiago



Visitantes extranjeros a Santiago repartidos por países



Álvaro González

No hay comentarios:

Publicar un comentario