domingo, 17 de noviembre de 2013

Observatorio, Centro de Estudios e Investigaciones en Galicia


IET GALICIA

Área de estudos e investigación 

Para o desenvolvemento das funcións que lle son encomendadas, Turismo de Galicia conta coa Área de estudos e investigación que se engloba dentro da Dirección de competitividade, coas seguintes funcións:

• Realización e difusión das operacións e actividades estatísticas oficias en materia turística do Plan galego de estatística

• Realización de estudos de investigación de oferta, demanda, impacto económico, análise de tendencias e estudos sectoriais estratéxicos da política turística galega.

• Análise da información e da opinión do público cliente (opinión web, oficinas de turismo).

• Explotación e análise de datos de fontes secundarias en materia turística.

• Estudo da capacidade competitiva das empresas do sector.

• Participación na transferencia de investigación entre os centros públicos de investigación e as empresas do sector turístico.

• Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas pola Dirección da Axencia.

Liñas de actuación 

Co fin de dar resposta aos obxectivos estratéxicos antes definidos a área de estudos e investigación desenvolve unha serie de liñas de traballo e investigación, centradas principalmente no eido da análise estatística e na xeración de coñecemento no ámbito do turismo da nosa comunidade. En particular, as liñas estratéxicas de actuación do centro son:

• Posta en marcha e desenvolvemento do Observatorio do Turismo de Galicia, proxecto de carácter estratéxico que pretende servir de referencia a nivel da comunidade autónoma na xeración e interpretación de datos estatísticos relacionados co sector.

• Elaboración de proxectos técnicos encamiñados á mellora metodolóxica das operacións estatísticas vinculados ao turismo en Galicia.

• Elaboración de estudos e informes de caracterización e dinámica conxuntural do turismo na nosa comunidade.

• Elaboración de planos de desenvolvemento turístico a nivel local.

• Difusión e divulgación dos resultados de investigación, tanto do propio centro coma doutros organismos que xeren información en Galicia vinculada ao turismo (universidades, grupos de investigación...)

• Colaboración con outros organismos e entidades na elaboración de estudos e diagnósticos do sector así como na definición de estratexias de desenvolvemento no eido do turismo.

Análise da demanda turística 


A análise da demanda turística ofrece datos de perfil e caracterización empregando como fontes de datos operacións estatísticas incluídas no Plan Galego de Estatística, así como outro tipo de estatísticas pertencentes a diferentes organismos. Inclúense aquí, polo tanto, a Enquisa de  Demanda Turística en Destino ou a Enquisa de Excursionismo. A partir de aquí a información complementarase cos datos ofrecidos por outros organismos de carácter local ou de orde superior (Observatorios Turísticos).

Medición económica do turismo 


Dentro do Observatorio Turístico de Galicia está a liña de traballo que pretende ofrecer, con carácter periódico, estimacións de carácter económico tanto no referente ao lado da demanda como ao lado da oferta.


• Polo lado da demanda a información referida ao gasto efectuado polos visitantes durante a súa viaxe a Galicia.


• Polo lado da oferta, información sobre o as empresas e as actividades económicas do turismo, así como o emprego que xeran.


Estudos e proxectos 


De forma complementaria ás liñas de traballo do Observatorio do Turismo de Galicia, lévanse a cabo tamén outro tipo de traballos dentro da Área de estudos e investigación que non forman parte estritamente do observatorio. Poden destacarse neste caso varios tipos de traballos:

Aqueles que poden ser labores de planificación turística, elaborando plans directores e plans estratéxicos de turismo naqueles municipios ou destinos que así o precisen, ou en todo caso colaborando cos mesmos na elaboración de diagnósticos e na definición das estratexias e actuacións turísticas. Ditas liñas de traballo poden ser reformuladas e ampliadas na medida en que:

• As fontes de información secundarias, froito de diferentes acordos de colaboración, fornezan de máis e mellores datos estatísticos

• A capacidade de análise e interpretación dos datos e, por tanto, a xeración de coñecemento, mellore coa incorporación de novas ferramentas e métodos de traballo.

Por outra banda, a propia dinámica investigadora e os cambios do sector van xerar novas  necesidades de información que deben responderse con novas liñas de traballo. Neste sentido, algunhas propostas son:

• Análise e estudo dos produtos turísticos de Galicia: turismo de saúde, turismo rural e de interior, turismo urbano e cultural, turismo de congresos, turismo náutico,...

• Estudos de mercado específicos: por procedencia, motivacións da viaxe ou outras variables de segmentación.

• Elaboración da Conta Satélite de Galicia e análise dos impactos económicos do turismo.

• Medición e análise dos cambios tecnolóxicos e de innovación no sector turístico.




Álvaro González

No hay comentarios:

Publicar un comentario